Que é Alento?
Alento é un espazo de acompañamento psicolóxico que ten como servizo principal a terapia individual para persoas adultas.
Un lugar de coidado e atención psicolóxica confidencial e profesional.
Para quen?
Para persoas adultas que están a atravesar por un momento de dificultade vital, con problemas de tipo emocional – ansiedade, depresión, estrés, dó… – e precisen un espazo onde expresar e buscar respostas.
Alento é tamén un espazo para todas aquelas persoas interesadas en profundizar no seu autocoñecemento e desenvolvemento persoal, así como para creadores e creadoras que se atopan nun bloqueo creativo e precisen facilitación para darlle saída e continuidade.
Como?
A través do encontro humano e as ferramentas creativas e psicoterapéuticas ofrecidas pola Terapia Gestalt abordamos o momento vital que a persoa estea a atravesar.
O primeiro paso é doado, simplemente pide aquí unha cita gratuíta para que poidamos coñecernos.
Onde?
Alento atópase en Santiago de Compostela, próximo á Praza de Galicia.
¿Cando?
¿Quen?
(Preme enriba de cada pregunta para atopar a resposta)