Cando acudir a terapia?

Hai momentos na vida nos que non temos respostas, incluso nos faltan as palabras para nomear que é o que nos ocorre.

Noutras ocasións, as circunstancias sitúannos en momentos difíciles: unha morte, a perda dun traballo, unha separación, un trastorno, un cambio vital… Ante todo isto, o noso corpo e mente dános sinais, síntomas, de que algo ocorre e que non podemos/queremos seguir así.

Cando aparecen na nosa vida algunha destas cuestións: ansiedade, problemas para durmir, falta de vitalidade, ideas repetitivas, emocionalidade desbordada, o “non me aturo” a min mesm@, a dificultade para tomar decisións… – entre outras – de modo que non nos permiten desenvolvernos de forma satisfactoria, é o momento de pensar en pedir axuda psicolóxica.

Igual que cando rompemos unha perna acudimos ao médico para que nos axude a pasar ese trance, o sufrimento psicolóxico pode ser acompañado por profesionais que procuran un camiño cara o autoapoio.

Este é o camiño que podes comezar en Alento, un espazo persoal, confidencial e de exploración. Un lugar de coidado onde pararse, respirar e contactar co que, aquí e agora, está presente e frea o acceso á túa parte saudable. Cada sesión é unha oportunidade para darte conta de aquilo que te nutre, asumindo a capacidad de resposta ante a túa propia vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *