Novos aires de Alento

Queridxs todxs,

aproveito este altavoz que estaba algo enferruxado para compartir os novos aires en Alento psicoterapia.

Despois duns fermosos 8 anos en Santiago de Compostela, deixo o acompañamento psicolóxico individual nesta cidade para

atender on-line e físicamente en Pontevedra.

Abro axenda dende xa, se considerades que podo ser de axuda para vós ou para algunha persoa querida quedo á disposición a través de diferentes vías:

  • No teléfono 652027582 (whatsapp ou chamadas)
  • A través do e-mail anaseijocuba@gmail.com
  • Nas redes IG e FB @alentopsicoterapia
  • ou ben no formulario de contacto desta web

Quedo agradecida por espallar a palabra! Compartir é vivir! e acompañarnos a maneira de coidarnos!

Un saúdo agarimoso,

Ana Seijo Cuba